Próximamente abrirá en Cacheiras (Concello de Teo) un Gabinete Psicoeducativo que ofrecerá apoio e respostas a diferentes demandas da sociedade no ámbito Psicolóxico, Logopédico e Educativo, porque cremos que todo está interrelacionado, e que un correcto equilibrio entre o interior das persoas e o seu espazo social proporcionará un maior benestar a esa persoa.
Ao mesmo tempo queremos tender unha man para ofrecer respostas e solucións ás familias e afectados de diferentes enfermidades que hoxe en día está presentes un día sí e outro tamén.
ETAPAS está dirixido por unha Psicóloga e ten a colaboración de Logopeda e Educadora podendo ampliarse a colaboración profesional en diferentes motivos para aportar unha maior formación interdisciplinar.
Pronto poderedes coñecer as actividades que ofreceremos tamén no eido da educación non formal.
Un saúdo.
ETAPAS Gabinete Psicoeducativo.
ETAPAS Na vida existen diferentes etapas e nós acollémoste naquela na que precises da nosa axuda sexa cal sexa a que estás pasando. Somos un equipo multidisciplinar porque todo se relaciona, e unha boa combinación de axuda pode facer que manteñamos mellor o equilibrio nas nosas vidas. Non precisas estar mal para acudir a nós, somos un apoio, un entretenemento, unha formación, unha prevención. E si existe un problema, somos unha solución.
No hay comentarios:
Publicar un comentario