Na vida existen diferentes etapas e nós acollémoste naquela na que precises da nosa axuda sexa cal sexa a que estás pasando.
Somos un equipo multidisciplinar porque todo se relaciona, e unha boa combinación de axuda pode facer que manteñamos mellor o equilibrio nas nosas vidas.
Non precisas estar mal para acudir a nós, somos un apoio, un entretenemento, unha formación, unha prevención. E si existe un problema, somos unha solución.
PSICOLOXÍA
Terapia individual, analizamos o problema e buscamos a a terapia axeitada.
Terapia grupal en atención a familias de afectados con enfermidades neurodexenerativas (alzheimer, parkinson, ICTUS, demencia vascular...) e Estimulación Cognitiva.
Asesoramento en Recursos Humanos.
Evaluación e elaboración de informe psicolóxico.
Poder contar con máis profesionais no gabinete, ademáis contar con enlaces e profesionais externos, permítenos apoiar a terapia psicolóxica de maneira que consigamos unha maior eficacia.
LOGOPEDIA
Intervención en trastornos da voz, fala, linguaxe, audición e deglución que aparecen dende a etapa infantil ata a terceira idade.
A atención será individualizada onde, durante as diferentes sesións, se tratarán os obxectivos (adaptados ás necesidades de cada persoa) que se establecerán gracias a unha valoración previa.
Ofrecemos a posibilidade dun traballo multidisciplinar con outros profesionais para así poder proporcionar unha intervención máis completa.
EDUCACIÓN
Talleres de Manualidades.
Talleres de Estimulación Cognitiva (memoria, linguaxe...).
Talleres de lectura.
Psicomotricidade fina adaptada ás necesidades individuais.
Apoio educativo infantil e adulto.
Charlas informativas.
Pensamos que a prevención e a información é algo fundamental e dende o noso Gabinete queremos prestar un servizo de Educación Non Formal para axudar a entender e vivir mellor a etapa da vida que esteas a pasar.
Asistencia en Centros da Terceira idade, Discapacidade, ou Asociacións.
Terapias a Domicilio
No hay comentarios:
Publicar un comentario